Quenes somos

A nosa historia comeza hai 40 anos cun primeiro exemplar da raza Rough Collie ó que lle chamamos Morgan. Con él iniciámonos no mundo das exposicións caninas e na crianza de cans de raza.

Atrás de Morgan viñeron  outros exemplares da mesma raza tanto nacionais coma importados e con eles conseguimos varios campionatos de España e destacados postos nas máis importantes exposicións no noso pais (Madrid, Valencia, Valladolid, Oviedo, …) e alén das nosas fronteiras, (Portugal, Francia, Italia,…) alcanzando certa fama e prestixio no mundo cinófilo nacional  o que faría que os nosos cans ocupasen capítulos dedicados á raza Rough Collie nas enciclopedias e revistas caninas máis importantes da época.

Mais hai 20 anos soubemos do proxecto da Xunta de Galicia para recuperar os cans autóctonos e dende o seu comezo estivemos comprometidos xunto con eles localizando exemplares de Can de Palleiro, facendo cruces en pureza racial e mesmo durante 17 anos levando a presidencia do Clube Oficial da raza ata o ano 2019.

Partindo de 9 exemplares localizados, hoxe en día estamos preto xa dos 2.000 inscritos no Libro Xenealóxico dos que máis de 100 levan o nos afixo “Aldeavella” , afixo recoñecido pola Federation Cinologique International dende 1989. Coa mesma ilusión e entusiasmo daqueles comezos, continuamos hoxe criando Palleiros convencidos de que non só criamos cans senón que estamos contribuíndo a que non se esqueza unha parte, que tan importante foi, do patrimonio cultural galego.